Juan Carlos, o superheroe do Lugo no mellor momento da temporada
A actuación de Juan Carlos en Riazor transformouno en superheroe con paradas decisivas que lle deron o empate ao Lugo.
Juan Carlos. C. D. Lugo. "Non creo que sexa un superheroe nin moito menos e menos coma estos, pero bueno,ao final traballamos no día a día para tentar axudar ao equipo e cando saen as cousas ben e estás acertado, pois quedas contento".
Con sete tantos en contra en dez partidos, Juan Carlos é o porteiro menos goleado fóra da casa, uns datos que, sumados as dúas xornadas que leva imbatido, contribuiron a melloría do equipo.
Juan Carlos. C.D. Lugo. "O equipo séntese máis cómodo defendendo e presionando máis adiante porque ao final tés que recorrer menos espazo cando roubas a pelota para facer gol e os xogadores cos que contas favorécelles iso".
Tras catro xornadas consecutivas puntuando, o Lugo recibe ao Extremadura, un rival directo na loita pola permanencia. Unha vitoria nesta fin de semana alonxaríao cinco puntos na clasificación. Malia todo, para Juan Carlos o partido non é decisivo.
Juan Carlos. C.D. Lugo. "Esto é unha maratón, hai que ir cubrindo cada quilómetro e poñer a nosa máxima atención en cada un deles; agora tócanos o Extremadura e temos que saír a competir sabendo que é un partido moi importante para nós e que son tres puntos máis como eran os do Deportivo o van ser dentro de quince días o Málaga e os que veñan despois".
Os nenos xa teñen desde agora un novo superheroe a quen poder imitar, Juan Carlos, a muralla humana.