CRTVG

Buscar

Lugo, en risco extremo, cunha incidencia de 296 casos

Publicado o 16/07/2021 13:22

A cidade de Lugo non é allea á tendencia e rexistra un aumento de contaxios sen precedentes. Porque a incidencia acumulada non deixa de medrar na cidade da muralla, e hoxe sitúase en 296 casos por cada 100.000 habitantes.

O risco vai en aumento xa que so na última semana Lugo sumou 189 contaxios, e a tendencia, segundo din na rúa, non é precisamente boa. A solución, respetar ao máximo as medidas de seguridade.

Na rúa cren que a mobilidade e a asistencia a celebracións de todo tipo é o que está a provocar tamén que Lugo sexa un dos concellos galegos coa incidencia máis elevada.

Noticias web

16/07/2021