CRTVG

Buscar

Lugo conta co primeiro centro público de recría de vacún de leite que hai en España

Publicado o 30/05/2019 16:17

Lugo conta co primeiro centro público de recría de vacún de leite que hai en España. Está no concello de Castro de Rei e ten capacidade para preto de 3.000 animais.
As becerras chegan cuns quince días de vida e marchan con 22 meses e xa preñadas. O custo, 2,39 euros por animal e día.

O centro de recría da granxa Gayoso Castro conta cunha superficie de 86.000 metros cadrados. As súas instalación poden albergar preto de 3.000 becerras e darlles uns coidados máis específicos.

Neste primeiro ano de actividade comezaron a traballar con explotacións da provincia de Lugo, pero xa contan con solicitudes doutras provincias.

En apenas un mes, este centro único en España celebrará o seu primeiro aniversario no que para entón agardan contar xa cunhas 1.000 cabezas de gando.



 

Noticias web

30/05/2019