Lugo celebra o San Froilán, que xa quere ser o que era antes da pandemia
Publicado o 05/10/2021 16:25
Tras máis dun ano coas festas minguadas, este outono os lucenses están dispostos a pasalo tan ben coma antes da pandemia. O primeiro é ensinarlles aos máis cativos, coma Lucas, que non as desfrutaron nunca, o que son as barracas.
Aínda que non son tantas coma antes da covid, con medio cento delas xa se pode dicir que Lugo recuperou o recinto feiral.
O día foi abrindo, propiciando os paseos, e malia que non hai casetas, o polbo pódese comer nos caldeiros distribuídos por toda a cidade.
Os Pelúdez foron os primeiros en volver e xa saben o que esperar, pero para moitos visitantes e estudantes, o San Froilán é todo un descubrimento.
Porque no día do patrón só hai unha cousa que facer.