Lugo bate marcas en número de contaxios: hai 2.212 casos activos
Cifra histórica de contaxios na área sanitaria da provincia de Lugo. Hoxe hai 2.212 persoas coa enfermidade activa.
"Déronnos un pouco de liberdade e collémola pola man"; "A xente quere saír, quere festa"; "Pois non sei, porque eu vexo que se cumpren as medidas".
Medran os contaxios e as hospitalizacións, hai 44 pacientes ingresados, entre eles un bebé de poucos días. Unha variante máis contaxiosa e a relaxación das medidas están detrás das cifras.
"Un ambiente de transmisión moi intenso que afecta a presión hospitalaria", di Rafael Monte, director asistencial do Hula.
Aínda así, a participación nos cribados voluntarios segue a estar por debaixo do 40 por cento dos citados. "Tiña que ser obrigatorio"; "Eu creo que é porque non queren facer a corentena".
Pouca participación, pero cunha elevada taxa de positividade. "Estamos encontrando bastantes positivos, tendo en conta que se fan en persoas asintomáticas", explica Rafael Monte.
Máis da metade dos concellos están en situación de risco. A partir desta medianoite endurécense as restricións para o 65 por cento da poboación da provincia.