CRTVG

Buscar

Lugo acolle un encontro de banda deseñada histórica

Publicado o 04/05/2019 21:30

Os mellores ilustradores galegos de banda deseñada histórica reúnense esta fin de semana en Lugo. Unha oportunidade para aprender cos grandes mestres da ilustración.

Con imaxinación e habilidade, os rapaces están facendo os seus propios comics, seguindo as ensinanzas dun mestre do deseño como Víctor Boullón. É un obradoiro que se enmarca no encontro de banda deseñada histórica que se celebra esta fin de semana en Lugo.

O interese polo xénero histórico vai parello á evolución da banda deseñada galega, que de novo está en auxe. A inspiración no mundo antigo reclama maior responsabilidade por parte do autor.

O encontro de banda deseñada histórica continúa toda a fin de semana, con varias charlas e un monólogo aberto ao púlbico.

Noticias web

04/05/2019