Lugo acende o fío musical da súa muralla
Publicado o 05/06/2020 21:35
O Concello de Lugo acendeu ás 20.30 horas o 'fío musical' da muralla romana da cidade -declarada Patrimonio da Humanidade-, coa actuación en directo de tres grupos locais nos xardíns situados en diferentes puntos do trazado do monumento, que rodea todo o centro histórico da cidade.
A área de Cultura anuncia que se pon en marcha a iniciativa Muralleando sen parar, cuxo programa inclúe concertos ao aire libre de 36 grupos musicais locais, que se colocarán nas diferentes zonas axardinadas que hai aos pés da muralla romana e ofrecerán actuacións que amenizarán os paseos dos viandantes, nunha especie de fío musical en directo con atención “a todos os estilos”.