CRTVG

Buscar

Lugo, a sexta provincia española con menor incidencia acumulada

Publicado o 05/11/2020 15:16

En toda a provincia só hai catro concellos pechados, pero o certo é que Lugo é a sexta provincia coa menor incidencia a 14 días por covid-19.

Así o recolle un informe do Instituto Carlos III que sinala que Lugo é a provincia con menor incidencia acumulada de casos de Galicia nas últimas dúas últimas semanas e a sexta provincia española en mellor situación nesta lista.

Cóntanse unha quincena de concellos onde non hai ningún caso diagnosticado. Outros, coma o de Begonte, só teñen un caso activo.

Observando os datos de ocupación hospitalaria, Lugo é a provincia que está en mellor situación de Galicia e unha das de España.

Neste sentido, dende a área sanitaria fan, de todos os xeitos, un chamamento á prudencia, xa que ante as cifras de novos positivos dos últimos días é plausible que se rexistre un incremento de ingresos nos centros hospitalarios.

Noticias web

05/11/2020