Lugo, a cidade galega coa maior incidencia acumulada
Publicado o 09/09/2021 14:46
Baixa o número de casos, pero segue a preocupación. Lugo é a cidade galega coa incidencia acumulada máis alta. Nesta xornada hai 251 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos quince días, moi lonxe dos 89 de Pontevedra ou os 114 de Vigo, pero cunha clara tendencia á baixa.
Contaxios á baixa grazas a que en Lugo xa foi vacinado o 88 por cento da poboación maior de 12 anos.
A maioría dos novos casos afectan á xente entre 15 e 30 anos aínda sen vacinar e están vencellados a actividades ao aire libre. Estes contaxios provocan cadeas de transmisión que afectan sobre todo a maiores con patoloxías previas.