CRTVG

Buscar

Lugo, a cidade española co quilómetro máis barato en taxi

Publicado o 28/01/2021 19:39

Dous euros con 85 céntimos. É o prezo que temos que pagar en Lugo por un desprazamento máximo dun quilómetro en taxi, a tarifa máis baixa de España. Así o recolle un estudo da organización de consumidores Facua, que atopa inxustificables diferenzas de prezos entre cidades.

Os taxistas lugueses din que o seu servizo é máis barato, entre outras cousas, porque levan tempo sen poder subir tarifas, malia que os gastos si que medran.

E entre os usuarios, prima a idea de que as tarifas son as axeitadas. 

A Coruña é a cidade galega máis cara para viaxes curtas, pero a máis barata para desprazamentos longos. Por 5 quilómetros pagamos seis euros con sesenta céntimos. E se nos fixamos no horario nocturno, Santiago e Lugo teñen o quilómetro máis caro despois tan só de Barcelona e Zaragoza.

No conxunto de tarifas, a capital galega é a novena cidade española cos prezos máis altos.

Noticias web

28/01/2021