Lugar da Veiga, distinguida como peme do ano en Lugo
Co amasado e a posterior fermentación comeza a elaboración das galletas mariñeiras, unha adaptación moderna do coñecido como pan de barco. A innovación dun produto tradicional, xunto con outros valores como a responsabilidade social fixeron que Lugar da Veiga se recoñecera como a Peme do ano en Lugo.
"Un dos obxectivos do proxecto era contribuír ao desenvolvemento local e que se recoñeza eso é unha alegría moi grande", sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto.
Comezaron cinco aló polo 2005, pero agora son moitos máis.
"Apostamos polo concepto de economía social e fóronse incorporando traballadores como socios do proxecto. Empezamos 5 e hoxe somos 47 socios", sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto.
Crearon ademais 83 postos de traballo e a empresa experimenta un crecemento anual por encima do 30%.
"Estamos 83 persoas, a maioría en produción, e elaboran diariamente por encima de 6.000 quilos de galletas", sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto.
O seu produto comercialízase principalmente entre Galicia e Portugal.