CRTVG

Buscar

Lucho García: "É o primeiro partido en que non somos favoritos"

Publicado o 04/01/2021 20:03

O Deportivo prepara o partido de Copa ante o Alavés deste mércores. Regresaron aos adestramentos Uche logo dun permiso e Gandoy tras superar o coronavirus. Con quen non puido contar Fernando Vázquez hoxe foi con Diego Rolan que quedou na casa por ter febre e está a espera do resultado dunha PCR.

Pasou por sala de prensa Lucho García, o porteiro suplente na liga está a xogar na Copa e ve a súa oportunidade nesta competición. Ante o Alavés ve menos presión ao non partir como favoritos.

Noticias web

04/01/2021