CRTVG

Buscar

Últimos preparativos na Ribeira Sacra para a vendima deste ano

Publicado o 07/09/2021 21:26

Nos singulares bancais da Ribeira Sacra os racimos locen xa en todo o seu esplendor e ultímanse os controis nas vides para poder fixar o inicio da vendima.

Con todo sempre hai quen solicita permisos especiais para iniciar antes a vendima debido a peculiaridades deste territorio e ao facer de cadaquén.

O inicio de verán, con orballadas e tempo húmido, provocou a aparición de fungos e a mingua da colleita, pero aínda así agardan recoller uns 6 millóns de quilos de uva.


 

Noticias web

07/09/2021