CRTVG

Buscar

Últimos días para escribir a carta aos Reis Magos

Publicado o 03/01/2021 20:36

Buscamos o patinete de Elsa que pedía Antía nesta xoguetería. Hai un chea de posibilidades para escoller. Moitas delas están xa nas cartas da cativada, pero aquí vén a primeira recomendación destes últimos días.

A maioría dos nenos e nenas escollen polo que ven na publicidade e acostuman ser xoguetes máis caros que outros que eles mesmos poden descubrir nun paseo por unha xoguetería.

Xogos de mesa, de cartas ou de construción sempre están entre os máis aceptados e acudir aos xoguetes para compartir coa familia é tamén unha marca do tempo.

Entre os máis vendidos seguen aparecendo todos aqueles que serven para inventar historias: monecas, castelos, naves espaciais... Boas opcións para un sector tamén castigado polas compras en liña.

Quedan dous días para decidir, os Magos non andan lonxe.

Noticias web

03/01/2021