CRTVG

Buscar

Último día do Salón de Viñetas desde o Atlántico

Publicado o 23/08/2020 16:17

O Salón de Viñetas desde o Atlántico, a cita que cada agosto converte a cidade da Coruña no epicentro da banda deseñada, chega á súa fin esta tarde. 

 

Despídese tras unha semana de charlas con limitación de asistentes, sinaturas adaptadas e exposicións exclusivas que se poderán seguir visitando ata o 13 de setembro. Este edición, a número 23, deixa un sabor agridoce. Por un lado, queda a satisfacción de que puideron organizar, aínda que en formato reducido, o primeiro salón destas caratecristicas en España tras a pandemia. Por outro, queda a tristeza de ver reducido o público ata cifras impensables en salóns anteriores. Todo co fin de garantir as medidas de seguridade. 

Noticias web

23/08/2020