Última semana para presentar a declaración da renda
Publicado o 25/06/2019 21:28

Esta é a última semana para presentar a declaración da renda. Con carácter xeral, a campaña para presentar a renda remata o 1 de xullo. Pero mañá, con carácter excepcional, remata para todos aqueles que teñen que pagar ao fisco e que queiran facer o ingreso con domiciliación en conta. Para os que non queiran facer o pago mediante conta bancaria, terán ata o vindeiro 1 de xullo, igual que os que teñan unha declaración que saia a devolver. Para pedir cita previa, o 28 de xuño é o día tope.