Volven abrir as instalacións deportivas, os ximnasios e as piscinas
Publicado o 22/02/2021 14:49
• Será nos concellos con incidencia a 14 días inferior a 250
• Permítense os grupos de 4 non conviventes, sempre con máscara

Desde o venres, ata catro non conviventes poderán volver practicar deporte afeccionado (con máscara) naquelas zonas cunha menor incidencia.
Nestes concellos tamén poderán reabrir os ximnanios ou as piscinas. Son todos os concellos das áreas sanitarias de Lugo, Santiago, Ourense e Vigo que manteñan a súa incidencia acumulada a 14 días por baixo dos 250 casos por 100.000 habitantes.