CRTVG

Buscar

Lousame e Fornelos de Montes encabezan a listaxe dos concellos máis chuviosos de España

Publicado o 30/09/2021 22:26

Hoxe Fornelos de Montes despide o ano hidrolóxico con sol, pero iso aquí non é o habitual. Segundo un informe elaborado por AEMET, este ano hidrolóxico que comezou o pasado 1 de outubro, foi un 4 % máis seco en xeral en toda España. A excepción está en Galicia, onde choveu un 10 % máis. A provincia da Coruña e o interior da de Pontevedra foron as máis chuviosas de todo o país.

"E dentro desas zonas, as máis elevadas, onde máis chuvia collemos en toda a rede, foi na estación da Muralla, en Lousame, que é unha estación que está a 600 metros de altitude, despois teriamos Fornelos, esas dúas colleron máis de 3.000 litros por metro cadrado e a terceira sería o monte Xesteiras en Cuntis, tamén rozando eses 3.000 litros por metro cadrado", explica Xoán Taboada, coordinador de Meteogalicia.



 

Noticias web

30/09/2021