CRTVG

Buscar

Lorena Roldán deixa Ciudadanos e ficha polo PP de Cataluña

Publicado o 30/12/2020 10:39

A ata o de agora portavoz de Ciudadanos no Parlament, Lorena Roldán, anunciou este mércores por sorpresa a súa fichaxe polo PP, en vésperas das eleccións catalás do 14 de febreiro.

Roldán, que gañou as primarias de Cs e que o pasado verán foi apartada pola dirección como candidata á Generalitat para poñer no seu lugar a Carlos Carrizosa, protagonizará esta mañá un acto titulado 'Sumando por Cataluña', xunto ao cabeza de lista do PP por Barcelona, Alejandro Fernández.

Ela mesma confirmou a fichaxe en Twitter: "Hoxe finalizo a miña etapa en Cs. Unha decisión difícil, pero moi meditada. O meu compromiso coa liberdade e a convivencia segue igual de vivo que o primeiro día e, por iso, quero anunciar que seguirei defendendo eses valores desde o proxecto de Alejandro Fernández".