Lorena Conde, unha das autoras máis premiadas do 2020, presenta 'Velloucas & Minchas'
Publicado o 11/12/2020 17:59
Velloucas & Minchas, editado por Cuarto de Inverno, III Premio M. Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, foi para Lorena Conde un referente literario, pero tamén humano, en canto a ética e tenrura. Conde gañou tamén este ano os premios de poesía Filomena Dato e o Cidade de Ourense e prosegue tamén a súa carreira no teatro.