CRTVG

Buscar

Longas ringleiras para conseguir o tradicional roscón de Reis

Publicado o 04/01/2019 14:29

Aínda faltan dous días para que cheguen os Reis... pero moitos non poden esperar máis polo tradicional roscón.

Esta mañá gravamos estas imaxes ás portas dunha das docerías da Coruña con máis tradición cando se fala do roscón de Reis.

A case ninguén pareceu importarlle o frío, o madrugón ou as horas de espera en plena rúa, agardando ringleiras así de longas. Todo por volver sentir un sabor que, coma nesta pastelería de Ourense, leva décadas elaborándose do mesmo xeito.

O segredo dun bo roscón semella estar nos ingredientes e a proporción en que se mesturan. Así o levan facendo nesta pastelaría do barrio da Ponte dende hai máis de medio século. É tal a produción nestes días, arredor de mil pezas, que precisan das máquinas para facer o remexido da masa. Cocen en tandas de 10 quilos de fariña, que dá para 24 roscóns, de medio quilo e de quilo.

Como se adoita dicir ada mestriño ten o seu libriño. Nesta pastelaría non seguen a tradición da faba e o rei, pero non hai roscón que non conteña a súa sorpresa. E mesmo atenden encargos especiais. A partir da tarde e mañá formaranse longas ringleiras para mercar o popular roscón, aínda que hai quen preferiu adiantarse para probar a primeira fornada. A tradición dos Reis queda incompleta sen o roscón, e mellor que sexa de confianza.




 

Noticias web

04/01/2019