CRTVG

Buscar

Longas ringleiras nos centros comerciais portugueses na súa reapertura

Publicado o 20/04/2021 15:13

Os portugueses comezaron esta semana a penúltima fase da súa desescalada abrindo institutos e universidades. Tamén reabriron os centros comerciais, onde se formaron longas ringleiras despois de 3 meses pechados. No Porto houbo afluencia, tamén nas rúas comerciais, porque tamén abriron as grandes cadeas, pero non tanta, foi na capital onde se viron grandes aglomeracións ás portas das tendas máis populares.

Seguíase a normativa sanitaria, pero, aínda así, neste tempo de pandemia dá reparo ver estas situacións. O país segue cunhas cifras esperanzadoras, das mellores de Europa. De feito, nas últimas 24 horas rexistrouse un falecido por covid-19 e só hai 10 concellos en vermello. En dúas semanas volverán á nova normalidade, coa apertura de grandes eventos interiores e exteriores. 

 

Noticias web

20/04/2021