Longas ringleiras en Vigo para realizar o test de antíxenos
Centos de persoas agardaban esta tarde nesta explanada do naútico en Vigo para facer esta proba de antíxenos.
As motivacións son diversas, pero a meirande parte da poboación acode a ti por responsabilidade individual e colectiva.
A meirande parte son xente moza que aínda non recibiu a primeira dose da vacina. Uns e outros queren confirmar con este test que non están contaxiados para poder saír esta noite, para iniciar as vacacións ou para descartar a infección tras estar en contacto cun positivo.
Pero neste primeiro día tamén atopamos xente que, coa pauta completa de vacinación, quere confirmar que está libre do virus.
En apenas tres horas testaron unhas 180 persoas das cales atoparon uns seis positivos. Outros celebran con este certificado que non están contaxiados. Unha radiografía do momento que non implica que poidamos baixar a garda nin abandonar as medidas de protección.