Loito oficial en Portosín polo falecemento de dous dos seus mariñeiros nun naufraxio
Publicado o 18/06/2021 14:09
Mariñeiros en terra e os barcos atracados no peirao, hoxe en Portosín ninguén saíu pescar, a vila está de loito. O mar volveu levar a vida de dous dos seus veciños.
O mar é así, aquí sábeno ben, viven da pesca, pero non por iso doen menos estas traxedias. Mariñeiros experimentados, traballadores moi apreciados na vila, hoxe Kiko e Abdelkabir están na mente de todos os veciños.
Un accidente que reaviva vellas reinvidicacións. Unha traxedia que chega tan só un ano e medio despois do accidente do pesqueiro Divina del Mar, que encallaba no castro de Baroña e falecía un mariñeiro.