CRTVG

Buscar

Loito no Condado pola morte dunha nai e dous fillos nun accidente en Salceda de Caselas

Publicado o 20/03/2021 21:01

Pasaban das dez da noite cando se produciu o choque frontal dos dous vehículos no quilómetro 6 da estrada PO-510, punto de unión das estradas de Salceda de Caselas e O Porriño, á altura de Parderrubias. Nun dos vehículos morreron os tres ocupantes da mesma familia, a nai de 38 anos, e os seus dous fillos, unha adolescente de 13 anos e un cativo de 6. Faleceron no acto. O condutor do outro coche foi trasladado ao Álvaro Cunqueiro en estado moi grave. Continúa con vida e agora o seu prognóstico, dentro desa gravidade, é reservado.

E mentres a investigación esclarece os feitos, a comarca do Condado-Paradanta vive o loito polos seus veciños falecidos. María Luisa, de 38 anos, era natural da Ramallosa, en Nigrán, e rexentaba un negocio familiar en Ponteareas que puxo en pé hai moitas xeracións a súa familia política. Vivía xunto co seu marido e os seus fillos Daniela e Beltrán en Salvaterra.

Os concellos de Nigrán e Salvaterra acaban de decretar dous días de loito en homenaxe ás tres vítimas.

Noticias web

20/03/2021