Lois Oreiro, xornalista da TVG, presenta na Coruña o seu último libro: 'Os mundos de agora'
Publicado o 16/09/2021 21:12

'Os mundos de agora' é o último libro do escritor e xornalista desta casa Lois Oreiro. Na presentación deste xoves na Coruña, Marcus Fernández, webmaster de Código Cero, dixo do ensaio de Oreiro que é "unha mirada crítica sobre os cambios tecnolóxicos que aceptamos con naturalidade malia que poden ter un impacto na vida máis profundo do que se pensa".
O escritor Xavier Alcalá, que tamén estivo na presentación, dixo que 'Os mundos de agora' debería ser unha lectura necesaria para os estudantes de Ciencias da Comunicación.