Logran reflotar o Blue Star no terceiro intento
• O buque levaba encallado en Ares desde o 23 de novembro
• Os remolcadores conducírono ao porto exterior de Ferrol
O dispositivo de rescate do buque Blue Star logrou o seu obxectivo e, sobre as 14,20 horas deste martes, 10 de decembro, puido desencallar o buque quimiquero que levaba varado na costa das Mirandas, en Ares, desde o pasado 24 de novembro.
En concreto, foi coa preamar que estaba prevista para as 15,00 horas cando se produciu o obxectivo logrado, mediante a acción coordinada dos remolcadores Boka Pegasus e Unión Princces, ambos exercendo presión desde a popa e babor, e axudados por unhas ondas que finalmente foron maiores do que inicialmente se estimaba.
Despois de lograr o obxectivo de apartar o buque da zona de rochas, os remolcadores contratados pola empresa holandesa SMIT Salvage, seleccionada polo armador do barco sinistrado para as tarefas de rescate, proseguiron coa manobra ate levar ao centro da Ría de Ares ao buque sinistrado, que está sen combustibles nos seus tanques e sen lubricantes en motores.
Posteriormente, achegáronse ao buque sinistrado o Vehintiocho e o Don Inda, tamén remolcadores, que estiveron na zona para prestar apoio.
Unha vez fixado e estabilizado o remolque, o Blue Star será remolcado ata o porto exterior de Ferrol, que se atopa a un cinco quilómetros da zona, onde está previsto sometelo a unha revisión para avaliar os danos que presenta, tanto os producidos cando tivo lugar o lume na zona de máquinas e que motivou a súa encallamento, como os acontecidos nos 17 días que estivo o barco varado sobre as rocas na zona de costa de Ares.