CRTVG

Buscar

Localizan unha muller que saltou o illamento domiciliario por posible contaxio en Santiago

Publicado o 18/03/2021 13:13

A tranquilidade do barrio compostelán de San Lázaro viuse alterada á primeira hora da tarde de onte coa presenza de varias patrullas policiais, unha ambulancia e varios axentes provistos dos equipos de protección individual. Unha dispositivo que sorprendeu a veciños e transeúntes, que descoñecían o motivo de tal despregamento.

Máis tarde souberon a causa dalquel balbordo: algunha testemuña viu pola rúa unha veciña que debería estar gardando corentena no seu domicilio por ser sospeitosa de estar contaxiada por coronavirus e alertou as forzas de seguridade.

Unha vez que a localizaron, conducírona á sua casa e abríronlle un expediente sancionador. A muller podería enfrontarse a unha multa de entre 3 e 6 mil euros por incumprir o illamento, que nos casos máis graves pode chegar aos 120 mil e mesmo poderia incorrer nun delito penal.
 

Noticias web

18/03/2021