CRTVG

Buscar

Localizan un cadáver en avanzado estado de descomposición nun piso de Ferrol

Publicado o 20/09/2021 19:35
Localizan un cadáver en avanzado estado de descomposición nun piso de Ferrol
EP

Efectivos da Policía Local de Ferrol localizaron sobre as 17:30 horas deste luns un cadáver en avanzado estado de descomposición nunha vivenda situada no número 58 da estrada de Castilla. Segundo as primeiras estimacións, pódese tratar do home que residía na vivenda, situada na oitava planta, onde ademais o corpo sen vida se atopaba no medio de abundantes obxectos, xa que ao parecer o morador sufría síndrome de Dióxenes.

Ao lugar tamén acudiron axentes da Policía Nacional, pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón, así como unha comisión xudicial que foi a encargada de autorizar o levantamento do cadáver. Os restos mortais foron trasladados ao hospital Ribera Juan Cardona para a realización da autopsia e a extracción de mostras para a súa identificación.

Dáse a casualidade de que este é o segundo cadáver que aparece en menos de 48 horas na comarca de Ferrolterra en avanzado estado de descomposición, xa que o pasado sábado, sobre as 18:30 horas, foron localizados outros restos mortais no interior dunha adega nas proximidades do recinto feiral de San Ramón, no municipio de Moeche.

 

Noticias web

20/09/2021