Localizan un barco abandonado nunha praia do Vicedo
Publicado o 12/07/2021 14:49

Misteriosa aparición dun veleiro na costa da Mariña. Está amarrado no porto de Celeiro. Foi localizado nunha recóndita praia do Vicedo, onde quedara encallado. Ten bandeira sueca. O seu dono está identificado pero aínda non foi localizado.
O barco pasara unha inspección nun porto coruñés o pasado mércores 7 de xullo. Segundo os investigadores da policía xudicial, o lugar en que apareceu non estaba na súa ruta.