CRTVG

Buscar

Localizan, pero non recuperan, o papagaio Curro

Publicado o 25/03/2021 14:46

Con alegría saudaba Curro a parella que o localizou nunha arboreda próxima ao polígono de Bértoa.

"Escoitabamos ruídos raros de paxaro e non sabiamos que paxaro podía ser. Ao baixar por aqui era por onde máis se escoitaba e empecei a chamalo e on contestaba. Entón saudeino e contestou 'ola'", conta Carmela Villanueva, a moza que localizou a Curro.

Conscientes de que o estaban a buscar, puxéronse en contacto coa Policía Local e coa familia que se achegou á zona. Malia non poder recuperalo, de momento, o feito de localizalo é unha inxección de moral para a familia despois de 11 días sen velo.

Saben que é difícil que se achegue á xente, pero piden que se alguén o ve lle ofreza comida e que chamen ao teléfono: 629 94 05 81. Nas últimas horas regresaron a Bértoa para ver se o volvían localizar, esta vez sen éxito. Malia todo, agora con máis motivo, seguen esperanzados no seu regreso.

Noticias web

25/03/2021