CRTVG

Buscar

Localizan o corpo do pescador desaparecido este martes en Ourol

Publicado o 19/05/2021 14:21
Localizan o corpo do pescador desaparecido este martes en Ourol

Os servizos de emerxencias rescataron o corpo dun pescador desaparecido desde a tarde do martes nunha zona de difícil acceso en Ourol.

Tras o aviso da desaparición, axentes da Garda Civil xunto a membros de Protección Civil, iniciaron unha busca polas proximidades do lugar de Vilares, parroquia de Merille. Pasadas as dúas desta tarde confirmaron a localización do corpo nunha zona abrupta, próxima ao río, no lugar do Carme, en Miñotos.

Noticias web

19/05/2021