CRTVG

Buscar

Localizan o coche do suposto autor do ataque con ácido a dúas mozas en Málaga

Publicado o 14/01/2021 08:54

O presunto autor do ataque conduciu de forma temeraria dende Málaga ao longo da autoestrada da Costa do Sol. Logrou evitar un control. Finalmente, viuse na obriga de abandonar o vehículo en Mijas, probablemente por unha avaría, e fuxiu a pé. É o suposto autor do ataque con ácido sulfúrico contra a súa exparella e unha amiga en Cártama, Málaga. A policía pedía colaboración para dar co seu paradoiro. José Gallardo, alcalde de Cártama, di que os axentes están máis preto de dar con el.

O sospeitoso está acusado de queimar dúas mulleres con ácido mentres estaban no interior do seu coche. Unha das vítimas era a súa exparella. A localidade de Casabermejo acolleu un acto de condena á violencia machista.

As mozas atacadas sufriron importantes queimaduras na pel. A exparella do acusado ten feridas en máis do 60 por cento do corpo e tivo que ser trasladada en helicoptero á UCI da Unidade de queimados do hospital Virgen del Rocío de Sevilla.

Noticias web

14/01/2021