CRTVG

Buscar

Localizan un fuxido da xustiza nun motel de Ourense con droga valorada en cinco mil euros

Publicado o 08/03/2021 13:59
Localizan un fuxido da xustiza nun motel de Ourense con droga valorada en cinco mil euros

Localizan nun motel de Ourense un fuxido da xusticia con droga valorada en cinco mil euros. Os axentes da Garda Civil aproveitaron que o detido estaba aloxado no establecemento para actuar.

Collérono con preto de cen gramos de varias drogas, entre elas heroína, cocaína e haxix, evitando que o detido colocase esta droga no mercado. Ao parecer, xa tiña preparadas as doses para a súa venda. 

A droga tería un valor no mercado de preto de 5.000 euros. Pesaba sobre el unha orde de busca e captura. Despois de prestar declaración ingresou no cárcere do Pereiro de Aguiar.

Noticias web

08/03/2021