CRTVG

Buscar

Localizan en Ribas de Sil o corpo do home que desaparecera onte en Lugo

Publicado o 12/06/2021 14:23

Esta mañá foi localizado o corpo sen vida dun home que desaparecera onte en Lugo. O corpo foi achado no río ao seu paso pola parroquia de Ribas de Miño. No operativo de rescate do cadáver, coordinado pola Policía Nacional, participaron tamén os servizos sanitarios, bombeiros de Lugo e membros da Policía Municipal.

Noticias web

12/06/2021