CRTVG

Buscar

Localizan dous nenos sós e espidos deambulando polo centro de Madrid

Publicado o 10/08/2021 08:55
Localizan dous nenos sós e espidos deambulando polo centro de Madrid

Axentes da Policía Nacional rescataron dous menores de 2 e 4 anos que deambulaban sós e espidos de madrugada polo centro de Madrid. Os pequenos foron trasladados a un centro sanitario e logo puxéronos a disposición dos servizos sociais.

Outra patrulla localizou a nai dos cativos no domicilio en estado de embriaguez e confesoulles que os deixara sós. A muller quedou detida como presunta autora dun delito de abandono de menores.

Noticias web

10/08/2021