Localizado no centro de Arbo un alpendre que se utilizaba para o cultivo de marihuana

A Garda Civil investiga un veciño de Arbo, de 49 anos, como presunto responsable dunha importante plantación de marihuana localizado nun alpendre, no centro de localidade
O suposto responsable da plantación conta con antecedentes policiais, e xa foi investigado penalmente como presunto autor de delitos contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo e elaboración de drogas e de fraude co fluído eléctrico.
No interior do alpendre localizaron e comisaron de 141 plantas de marihuana de distinto tamaño en período de crecemento que tiña un sofisticado sistema de ventilación. Tamén localizaron 3.200 gramos de cogollos e follas trituradas para o proceso de secado.
O alpendre estaba acondicionado para o cultivo das plantas nas súas diferentes fases de crecemento, con estruturas portantes, instalación de filtros, lámpadas de alto voltaxe, ventiladores e xeradores de corrente, que conforman o material necesario para que a marihuana creza con celeridade.
Na inspección do inmoble, na que tamén estivo presente o presunto responsable da plantación, a Garda Civil observou indicios dun presunto enganche ilegal do fluído eléctrico na rede pública, cuxa tasación de danos está sendo analizada e valorada por persoal técnico da compañía subministradora.
As dilixencias instruídas, xunto cos efectos intervidos e as plantas comisadas, foron postas á disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, onde deberá comparecer o investigado cando sexa citado.