CRTVG

Buscar

Lobios será o único concello en nivel máximo de restricións a partir da medianoite

Publicado o 21/05/2021 13:13

Lobios quedará pechado a partir das doce desta noite coas máximas restricións. Será o único concello de Galicia en situación de nivel máximo. Un nivel que tamén inclúe toque de recollida entre as once da noite e as seis da mañá.

Un veciño di que hai que levalo con paciencia, porque xa levan unha tempada con oscilacións nos contaxios e agora teñen que pechar. Esperan que sexa pouco tempo.

Outro di: "Isto é unha desgraza, eu tiña que ir para a semana a Ourense e non vou poder, espero que isto non sexa por moito tempo. A cousa vai mellor, eu xa estou vacinado coas dúas doses, e creo que vai ir a mellor".

Lobios sobe un grao no nivel de limitacións, pois xa estaba en nivel dous de restricións debido ao seu alto número de contaxiados con coronavirus. O peche da hostalería será total, terán peche perimetral municipal e as reunións só poderán ser entre conviventes. Hai 19 casos activos de covid neste concello da Baixa Limia.

Noticias web

21/05/2021