CRTVG

Buscar

Galicia non rexistra ningún falecemento nunha xornada de caída de casos activos

Publicado o 04/05/2021 10:10

• Soben nas áreas de Santiago (+20) e Lugo (+10)

• A positividade sobe, pero mantense por debaixo do 2 %

Galicia non rexistra ningún falecemento nunha xornada de caída de casos activos

Os datos do Sergas amosan un lixeiro descenso nos casos activos e un aumento nos novos positivos detectados, aínda que por debaixo das cifras dos da semana pasada. Hai 3.027 persoas diagnosticadas de covid−19, tres menos ca onte, tras 125 novos positivos, 106 identificados a través de PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 687 (-8)

Vigo: 898 (-8)

Ourense: 262 (-4)

Santiago: 383 (+20)

Lugo: 224 (+10)

Pontevedra: 478 (-13)

Ferrol: 95 (=)

Xornada sen falecementos

O Sergas non notificou ningún falecemento de persoas diagnosticadas con coronavirus nesta xornada de martes. Polo tanto, as cifras sinalan que 2.391 persoas perderon a vida por mor da covid−19 en Galicia desde o inicio da pandemia. 

Redución de presión nas UCI

Melloran un pouco os datos respecto a onte nos hospitais galegos. Hai 212 persoas ingresadas, das cales 165 están en planta (+1) e 47 nas UCI (-3); baixan do limiar de 50 en que estabamos dende hai catro días.

O falecemento dun home de 62 anos no CHUVI fai aumentar a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.391

A positividade, por debaixo do 2 %

Das 5.340 probas PCR (-1.078), 106 deron positivo; iso supón unha taxa de positividade do 1,99 %, algo superior á de onte: 1,34 %. Mantense por debaixo do 2 % por cuarta xornada consecutiva.

Mapas de incidencia por concellos