CRTVG

Buscar

Lixeira repunta da economía arxentina na pandemia

Publicado o 21/05/2021 08:48

A economía arxentina tenta saír do seu letargo. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, a actividade económica rexistrou en marzo un aumento do 11,4 % respecto ó mesmo mes do ano anterior, mais producise un lixeiro descenso do 0,2 % en relación ós niveis de febreiro deste ano.

Comerciantes e empresarios loitan por volver á normalidade mentres se manteñen as restricións pola pandemia, principalmete un toque de recollida nocturno que afecta en gran medida á hostelería. A situación levounos a reinventar o negocio, e se non se pode vender no local, aumentan os repartos. As autoridades sanitarias descartan polo de agora reducir as restricións, xa que a segunda vaga da pandemia está no seu peor momento.

Noticias web

21/05/2021