CRTVG

Buscar

Óliver Laxe deixa a súa pegada no festival de Cans

Publicado o 05/09/2020 21:16

Óliver Laxe sentou a falar co director do festival, Pato de Cans, no coloquio das doce da leira do Río. Conversaron do cine, da súa multipremiada película "O que arde" e do novo proxecto de compromiso do cineasta co desenvolvemento e a conservación dos Ancares, onde agora vive. Esta era a primeira vez de Laxe no Cans galego.

Oliver Laxe destapou moi agradecido a súa estrela do peculiar paseo da fama, onde deixou a súa pegada a modo de pezuño canino.

Moi agradecido, di Óliver Laxe. Tanto coma cando "O que arde" gañou o premio do público de Cans para aquelas pequenas películas que son como xoias.
 

Noticias web

05/09/2020