CRTVG

Buscar

Protocolo escolar: distancia de 1,2 metros na ESO e grupos burbulla en Infantil e Primaria

Publicado o 09/07/2021 15:23

Xa está listo o protocolo escolar para o próximo curso en Galicia. Os conselleiros de Educación e Sanidade presentaron no Consello Escolar o documento, que contempla un escenario de transición.

En Infantil e Primaria mantéñense os grupos de convivencia estable, pero os grupos burbulla poderán interactuar nos recreos e compartir materiais como xoguetes.

En Secundaria fixase en 1,2 metros a distancia de seguridade.

O uso da máscara seguirá sendo obrigatorio dende os seis anos e mantéñense as pautas hixiénicas establecidas este curso.

O documento estará en constante revisión e función da situación sanitaria.

Noticias web

09/07/2021