CRTVG

Buscar

Lista para a Liga das Nacións: Luis Enrique deixa fóra a Brais Méndez e convoca máis xuventude

Publicado o 30/09/2021 22:05

Empezan a sorprender menos as convocatorias sorpresa de Luis Enrique. Aposta sempre por algunha novidade fóra das quinielas. Desta volta os centrocampistas Yéremi Pino, do Vilarreal e Gavi do Barcelona, 18 e 17 anos.

Luis Enrique Martínez, Seleccionador español de fútbol: "A Gavi vino catro anaquiños e xa lle vexo que pode ser moi importante na selección e no seu club. Pode que o leve antes de tempo? Pode ser, pero igual é titular contra Italia. A idade non importa".

Máis ben non importa a xuventude, os veteranos téñeno máis difícil. Pregunta un xornalista se Aspas e Ramos van volver poñer a camiseta da selección e Luis Enrique responde cun lugar común: "Quen sabe o que vai suceder no futuro?".

Morata e Gerard Moreno están lesionados. Estivo tentado de levar a Ansu Fati, que acaba de, practicamente, redebutar co Barcelona. E cae da convocatoria Brais Méndez despois de acudir ós partidos de clasificación para o Mundial. Agora a cita é contra Italia nas semifinais da Liga das Nacións, unha oportunidade de desquite da Eurocopa.

"Ten un morbo especial. Podemos ser os primeiros en gañarlles. Nada de presión. Imos para ser campións".

Moito que gañar e pouco que perder, cunha convocatoria que insiste na renovación, volve ignorar o Real Madrid e de onde toma máis xogadores é dun equipo en horas baixas, o Barcelona.

Noticias web

30/09/2021