CRTVG

Buscar

A lista de espera para o exame práctico de condución medra pola falta de examinadores

Publicado o 08/07/2021 14:19

Conseguir o carné de conducir é unha tarefa que pode tardar. Hai lista de espera. O sistema en funcionamento en España ten insuficientes examinadores e en, consecuencia; hai miles de persoas pendentes de que chegue a súa quenda. Jesús Cernadas Míguez, vicepresidente da asociación de auotescolas da provincia da Coruña, afirma que "polo que nos dín as autoescolas temos unhas catro mil persoas agardando para poder facer as prácticas e poderse examinar".

Iso só na provincia da Coruña e con moitas persoas preocupadas porque obter o permiso de condución é requisito necesario para poñerse a traballar pronto. Cristina Sinde, responsable da autoescola SC-20: "Hai retrasos tremendos, xente que precisa o carné por motivos de oposicións, traballo que non se poden sacar adiante porque non hai exames. Entón é un problema que vai colapsando cada vez máis".

A demora vén acumulándose de atrás e prevese que se non hai unha acción do goberno que o impida, vai ir a máis. Á saída dun exame este xoves tres rapazas manifestaron que tiveron que agardar moito o momento. Os responsables de autoescolas din que hai casos en que a demora no exame práctico suma meses e que outro problema desta actividade é a falta de profesores de seguridade viaria.

Noticias web

08/07/2021