CRTVG

Buscar

Lista de agarda en moitas farmacias para conseguir as PCR de saliva

Publicado o 23/04/2021 14:24

As probas de covid destinadas á poboación adolescente que desde hai uns días ofrecen as farmacias galegas están a ter unha demanda notable. Ata o punto de que nalgunhas boticas xa hai lista de agarda para conseguilas.

Só na provincia da Coruña repartíronse desde o luns máis 8.500 destes kits para facer unha PCR a través da saliva. A campaña está dirixida aos mozos de entre 12 e 17 anos que non desen positivo nos tres últimos meses, non sexan contactos directos de ningún, non teñan síntomas a día de hoxe e non fixesen outra proba nas dúas últimas semanas.

Noticias web

23/04/2021