Liorta no Congreso de Honduras tras a aprobación dunha controvertida lei
Publicado o 30/05/2019 16:24
Vergoñento o espectáculo que deron os deputados de Honduras pelexando no Congreso tras a aprobación dunha controvertida lei. Houbo berros, labazadas e puñazos entre os congresistas partidarios de seguir adiante coa sesión e os que consideraban que non había quórum para realizala. Ata fixo falta o emprego de extintores para apagar os foguetes que queimou un dos deputados.