Liña de axudas para autónomos e pequenas empresas afectadas pola pandemia
Publicado o 29/06/2021 16:47

A Xunta convoca unha liña de axudas para autónomos e pequenas empresas afectadas pola pandemia. O vicepresidente económico, Francisco Conde, lembra que poderán solicitarse a partir de mañá.
Son préstamos de ata un millón de euros, con bonificacións de intereses que cheguen ao 1,5 por cento e co reaval a longo prazo do Igape. Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta vai destinar a esta liña de axudas 6 millóns 700.000 euros.