CRTVG

Buscar

Vigo dá un paso atrás e terá que limitar a ocupación na hostalería

Publicado o 21/04/2021 14:32

Vigo, a primeira cidade galega que vai ter que dar un paso atrás, de momento pequeno, pero ao cabo paso atrás no proceso de desescalada. Desde o venres a ocupación nos locais de hostalería volverá reducirse.

O paso atrás na desescalada foi recibido con resignación entre os hostaleiros vigueses. Resignación pero tamén enfado, porque esa resistencia é para eles cada vez máis complicada. 

Conscientes de que a maior parte dos contaxios se producen en encontros sociais, din que os seus establecemento son seguros e pensan que hai outros sectores que non soportan tantas restricións. 

As restricións afectarán só as ocupacións. Non hai cambios nos horarios e mantéñense as reunións de ata catro non conviventes en interior e seis no exterior.  

 

Noticias web

21/04/2021