CRTVG

Buscar

As traiñeiras vascas xa poden saír ao mar e as galegas agardan o permiso para o luns

Publicado o 06/06/2020 19:01

O presidente da ACT, Borja Rodrigo, confirmou que o Goberno vasco deu a autorización para que as traiñeiras poidan saír ao mar e realizar adestramentos conxuntos. Euskadi entrou o venres na Fase 3 e esta foi unha das decisións en matería deportiva. 

En Galicia, tamén na Fase 3, agardan que nunha xuntanza que manterán o luns a determinación sexa a mesma e os equipos comecen os adestramentos de xeito conxunto. Iso permitiría que a Liga ACT, na que participan Cabo e Ares, poidese comezar o día 4 de xullo, coa regata que se vai celebrar na Coruña.

Os equipos que participan na Liga Galega teñen o inicio da competición para dúas semanas máis tarde aínda que agardan comezar os adestramentos na auga canto antes e esquecerse do ergómetro, onde levan facendo a preparación desde o mes de marzo. 

Noticias web

06/06/2020