CRTVG

Buscar

Lidia Senra di que creando empregos en base á agroecoloxía poden combaterse os incendios

Publicado o 20/05/2019 12:25

A candidata de En Marea-Compromiso por Europa Lidia Senra visitou a praza de abastos de Ourense. Alí dixo que o cambio climático e o quentamento global que inciden, asegurou, nos incendios forestais poden combaterse creando empregos de calidade en base á agroecoloxía.

Lidia Senra, En Marea: "Que o combate contra os incendios forestais ten que basearse por un lado na creación de actividade agraria, recuperar o medio rural e por por outro lado ter un servizo público cen por cento de prevención e extinción".


 

Noticias web

20/05/2019